Priorizarmos o traballo formativo é para nós unha necesidade para ser capaces de intervirmos socialmente e transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida que nos impón o capitalismo, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante.
Por iso organizamos o vindeiro xoves 21 ás 20:00 no Bar O Diaño (Rúa Charino, nº33. Zona Vella) de Pontevedra un encontro formativo sobre marxismo e cuestión nacional onde trataremos a situación de dependencia do noso país desde un ponto de vista marxista e revolucionario.
Agardámosvos!