[Pontevedra] Mobilízate. Touradas fóra, convenio non!

antitouradas2016Máis un ano, Pontevedra acollerá unha mobilización popular de resposta ao sanguento espectáculo das touradas apoiada por ducias de organizacións, entre elas a nosa. Desde Isca! manifestamos a nosa oposición ás touradas, unha tradición allea a nosa cultura e a nosa terra, polo tanto imposta; transmite valores negativos, como o uso da violencia extrema, o desprezo fronte os dereitos dos animais e a lexitimización da tortura. En definitiva, a lidia perpetúa comportamentos que a sociedade debe rexeitar.

Atopámonos nun momento histórico no que os privilexios do lobby taurino son cuestionados por unha sociedade na que medra a conciencia. En Galiza, as touradas son rexeitadas por máis do 85% das galegas e son incapaces de subsistir sen a inxección de cartos públicos, como sucedeu na Coruña, Sarria e Padrón.

Grazas á mobilización social, Pontevedra é o último recuncho de touradas no noso país. Porén, a praza de touros ten permiso para desenvolver esta sádica actividade grazas á Lei de Protección Animal defendida pola Xunta de Galiza de Feijoo.

Desde Isca! consideramos que xunto coa imprescindíbel loita e organización social, os organismos políticos locais deben dar un paso adiante como xa fixeron noutras ocasións e seguir afogando ao minoritario lobby taurino. Non é lóxico que no 2016 sigan recibindo de xeito indirecto 38.000€, ignorando as reivindicacións da maioría social.

Facémonos eco das reivindicacións das plataformas antitouradas e solicitamos:

1. Ao Goberno do Estado que faga os cambios lexislativos necesarios para a abolición das touradas e a paralización da súa promoción e subvención con diñeiro público, que en plena crise ascende a 600 millóns de euros.

2. Que o Parlamento de Galiza modifique a “Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade” que exclúe no seu artigo 5º as touradas, para que prohíba estas actividades.

3. Ao Concello, o cese do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a declaración de Pontevedra como “Cidade Antitouradas e amiga dos Animais”. Exiximos a fin do convenio coa praza de touros polo cal o empresariado taurino recibirá este 2016, 38.000€.

4.  A reconversión da Praza de Touros nun coliseu para espectáculos culturais e concertos

Por último, Isca! anima a toda a sociedade a participar na mobilización convocada por Touradas fóra de Pontevedra o vindeiro sábado 13 de agosto ás 20:00 horas desde a Praza da Peregrina, porque só desde a organización e a mobilización conseguiremos tombar a unha elite que pese a ser minoritaria, subsiste grazas ao apoio dos poderes públicos e empresariais.

Touradas fóra. Non é arte nin cultura!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario