Protocolo de relación entre o Movemento Arredista e Isca!

Isca! ven de asinar co Movemento Arredista (arredista.gal) o protocolo de relación co que nos recoñecemos mutuamente como organizacións referenciais no panorama soberanista da Galiza. É imprescindible, na paisaxe política galega actual, tecer liñas de traballo e organizármonos de maneira conxunta. Con este protocolo, polo tanto, Isca! pasará a ser a organización xuvenil de referencia para o Movemento Arredista, do mesmo xeito que o Movemento Arredista será o espazo político adulto referencial para Isca! Afrontamos esta nova etapa da nosa organización co compromiso de reforzar e afianzar lazos co soberanismo galego, sempre desde unha perspectiva feminista, socialista e independentista.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario