Que se movan as pedras. Euskal Presoak, Euskal Herrira!

saremaniUn ano máis as rúas de Euskal Herría vibrarán de reivindicación e solidariedade a prol dos dereitos civís e políticos das presas políticas vascas, contra a dispersión e as medidas de excepción. Sare e Bagoaz, entidades convocantes, denuncian a longa etapa da dispersión, esa enorme e pesada pedra que desde hai máis de dúas décadas aplasta os dereitos de familias e de toda a sociedade vasca. Desa política penitenciaria que suma miles de días de viaxe, comunicacións vixiadas, enormes esforzos económicos, sufrimentos personais, preocupacións pola saúde e mesmo falecidas e feridas producidas neses longos percorridos desde Euskal Herria até as cadeas do Estado Español.

Baixo o lema Mugi Daitezen Harriak (Que se movan as pedras) partirán as marchas en Bilbo e en Baiona o vindeiro sábado día 9 ás 17:00 horas e na que participará unha delegación da nosa organización acompañando á organización xuvenil da esquerda abertzale Ernai. Esa enorme pedra que simbolizan os gobernos español e francés prolongando un escenario escuro de violación dos dereitos humanos e xeración de sufrimento é a que se aspira a mover.

Euskal Presoak, Euskal Herrira.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario