Queremos unha República xa: a galega!

A figura da monarquía foi un dos piares fundamentais que serviu para sustentar o continuísmo político e institucional no Estado Español após a morte de Franco que, xunto con outras medidas plasmadas na Constitución, culminou a chamada transición. Un período que serviu de lavado de cara do réxime fascista para que os mesmos de sempre conservaran intactos os seus privilexios.

Un Xefe de Estado que chegou a xurar nas cortes os principios do movemento sen estar suxeito a elección popular, permitíndolle tanto a el como a súa familia ter á súa disposición presupostos millonarios procedentes das arcas da administración que lles permite vivir como privilexiados ante quen os sustentan.

O único camiño posíbel pasa por rachar co marco constitucional español. Con esa Constitución que uniformiza o estado e nega os dereitos da nosa nación, que nos impón o seu idioma e o seu Xefe de Estado, que lexitima o uso da forza contra quen amenace a integridade territorial do reino ou que prioriza o pago da débeda frente ao gasto social ou os servizos públicos.

Desde Isca! defendemos unha ruptura democrática e dotarnos de ferramentas de decisión e soberanía para organizar a sociedade de xeito diferente. Isto pasa pola construción dunha República Galega, como primeiro paso para garantir un futuro digno o noso pobo. Por iso hoxe, ante o anuncio de abdicación por parte de Juan Carlos de Borbón, só cabe berrar que si queremos unha república, pero galega; que si queremos unha bandeira tricolor, a nosa, a branca, vermella e azul.

Participa nas concentracións pola República Galega:

  • A Coruña. Praza de Ourense, perante a Delegación do Goberno español.
  • Lugo. Praza maior, perante a Casa do Concello.
  • Pontevedra. Praza da Peregrina.
  • Ferrol. Praza do Himno Galego.
  • Ourense. Praza Maior.
  • Santiago. Praza do Toural.
  • Vigo. Rúa do Príncipe, diante do Marco.
  • Foz. Parque Conde Fontao.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario