Baixo este lema reunimonos hoxe en Vigo mulleres de todo mundo, decididas a superar todo tipo de obstáculo que nos separe da nosa auténtica liberación, dispostas a coñecer e compartir experiencias con feministas que vive outras realidades, seguras de que o traballo, a loita e a formación son as mellores ferramentas para trocar un sistema que nos anula e invisibiliza, fai de nós traballadoras exploradas, obxectos de decoración, cidadás de segunda categoría.
A Marcha Mundial das Mulleres, mediante este Encontro Internacional e nomeadamente co espazo adicado á soberanía alimentar, lanza unha aposta clara alén das solidariedades puntuais e os descursos case obrigados en datas sinaladas: chamanos a construir unha realidade da que nós sexamos protagonistas, que lle bote un pulso ao capital que nos explora, ao patriarcado que nos afoga, aos roles que nos oprimen, traballando en alternativas que troquen a vida das mulleres para trocar o mundo, que troquen o mundo para trocar a vida das mulleres.
En todo mundo estanse a librar inumerábeis e diversas loitas, cada unha nun contexto diferente, desde unha forma distinta de entender o feminismo, con mais ou menos mecanismos para visibilizarnos e facernos parte da história; loitas que, independentes pero ao tempo combinadas, tecen unha rede de resistencia ao patriarcado e á opresión de xénero que lle planta cara ao sistema e á sociedade que este sostén.
O noso empoderamento, a toma de consciencia da nosa realidade e da necesidade dunha mudanza estrutural é imprescindível para dirixir as nosas loitas a bo porto, vencellando as conquistas cotiás con obxectivos estratéxicos que permitan formar unha sociedade na que as pessoas non sexan etiquetadas con a inxusta carga do rol de xénero.
As mulleres, aqui e agora, temos que coller o timón das nosas vidas, dos nosos corpos e das nosas mentes, pois para mudar a realidade dende os seus cimentos cómpre a nosa loita: sen nós non hai revolución; a nosa participación activa na transformación social será a unica via que posibilite un mundo sen exploración de ningún tipo. As mozas feministas temos consciencia de que a nosa independencia é condición sine qua non para a construcción de calquer proxecto transformador. Hoxe temos a oportunidade de dar un paso adiante na formación dunha sociedades sen diferencias, na que todas sexamos libres.