Rebater nº76 - Sempre a nosa hora

Máis información:

Na actualidade, a dous meses e medio das eleccións municipais, a actividade de case a totalidade dos axentes políticos centra a súa praxe no ciclo electoral. Neste contexto, as mulleres aparecemos como dirixentes políticas cun papel neutral, que procura ampliar a base social e flexibilizar o discurso, e servimos para contentar as aspiracións autonomistas e socialdemócratas duns cantos fronte ás grandes ideas de antano que agora se personifican en figuras masculinas e grotescas.

Unha retórica que segue reforzando a asociación muller-conciliadora á vez que responde, seguramente, a unha concepción case errejonista da hexemonía que nos leva a desputar conceptos, espazos e, sobre todo, un público ao que deberiamos convencer cunha aplicación dos nosos principios, non cunha renuncia a estes. 

Este 8M posicionámonos a favor dun feminismo de clase, afastado do imaxinario ilusionante vencellado ás figuras das mulleres na política e coa clara convicción de que sempre é a nosa hora.