Resolucións aprobadas na IV Asemblea Nacional de Isca!

  • A IV AN de Isca! condena a ofensiva contra os direitos das mulheres que esta a levar ao cabo a direita máis reaccionária. Cortam em ajudas sociais, em dependência, nas tarefas que pola estrutura social do nosso país desenvolvem muitas mulheres, para nos expulsar do mundo laboral, para voltar a recluir-nos na casa. Atacam os nossos direitos sexuais e reprodutivos, a nossa livre decisom. Privam-nos do nosso direito a decidir sobre o nosso corpo e sobre a nossa maternidade. Precarizam as nossas vidas com empregos miserentos dos que nos botam quando decidimos ser nais. Nom vamos permitir mais ataques à soberania e liberdade das mulheres. A luita feminista, a formaçom e a conscienciaçom som a unica via para acadar a completa e definitiva aboliçom do patriarcado, para conseguirmos o fim do terrorismo machista e a desapariçom dos gêneros que nos encorsetam, para sermos, por fim, livres e iguais.
  • A IV AN de Isca! apoia a mobilización convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego para o 27 de xaneiro a prol da lingua que nos une. Desde Isca! reivindicamos un futuro na nosa lingua, onde o conflito lingüístico se resolva a a favor do galego, acadando a plena hexemonia social da nosa lingua. Para iso, exiximos a derrogación do actual decreto da Xunta, a retirada da proposta Wert de Lei educativa e a substitución destas por un marco legal onde se defenda o ensino público e a inmersión lingüística na nosa lingua propia.
  • A IV AN de Isca! condena a escalada represiva que estamos vivindo nos últimos tempos. Nun momento de duros ataques do capital e no que medra tamén a contestación social, o sistema reforza os seus mecanismos represivos para perseguir cada vez máis a disidencia. Por isto:
    -Esiximos o fin da persecución aos movementos populares por medio de multas, xuizos e agresións policiais.
    -Rexeitamos a reforma do código penal que aspira a criminalizar a mobilización social, así como unhas taxas xudiciais que pretenden dificultar ainda mais as garantías legais das clases populares.
    -Reclamamos o fin da dispersión penitenciaria, a derrogación da lei antiterrorista e as aplicación de mecanismos para por fin á tortura. Igualmente, condenamos os xuixos mediáticos aos que son sometidos cidadáns galegos, como vimos de comprobar esta mesa semana.
  • A IV AN de Isca! apoia as reivindicacións da Plataforma en Defensa de Corcoesto e das organizacións ecoloxistas que esixen a retirada do agresivo proxecto de explotación mineira a ceo aberto dun xacemento de ouro en Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños, por parte dunha empresa canadense.
  • A IV AN de Isca! apoia a ILP para a APLICACIÓN EFECTIVA DOS PRINCIPIOS DE REDUCIÓN, REUTILIZACIÓN E RECICLAXE DE RESIDUOS EN GALIZA e o seu obxectivo de dar forza xurídica á reciclaxe e á compostaxe, desbotar o modelo de incineración de residuos que defende o PP e pretende seguir aplicando coa ampliación de SOGAMA. Nesta liña, a militancia de Isca! contribuirá á sensibilización da cidadanía sobre a necesidade dunha xestión correcta e sustentábel dos nosos residuos.
  • A IV AN de Isca! apoia a ILP Paz Andrade para aproveitar 100% a potencialidade do galego: ensino de português no secundário, recepçom de meios portugueses na Galiza, relacionamento com os países de língua oficial  portuguesa. Porque a nossa língua é internacional!
  • A IV AN de Isca! quer denunciar a dramática situación do mundo laboral para a mocidade. Denunciamos a constante destrución de emprego fomentada por un sistema capitalista inxusto e inmoral, que nos rouba o futuro e que nos condea ás mozas a a aceptar condicións pésimas ou marchar lonxe da nosa terra para poder sobrevivir. A inxustiza e a desesperación só poden vencerse coa loita obreira, por iso chamamos a partipar das mobilizacións impulsadas polo sindicalismo nacional de clase, a CiG, e brindamos o noso apoio ás mobilizacións da CiG- mocidade do vindeiro día 16 en denuncia da situación de paro da mocidade galega e da lacra da emigración.
  • A IV AN de Isca apoia a manifestación que hoxe está a ter lugar en Bilbao en defensa dos dereitos dos presos bascos, entre os que se atopan numeras mozas e mozos independentistas encarceladas polo seu traballo político. No proceso de normalización política e resolución do conflito son urxentes medidas penitenciarias como a repatriación dos presos a Euskal Herria, a liberación dos que están enfermos ou a fin da doutrina Parot, que supón a aplicación da cadea perpetua.
  • A IV AN de Isca! saúda o proceso soberanista protagonizado polo pobo catalán que por medio da mobilización popular e a acumulación de forzas avanza a paso firme cara á independencia, e saúda o papel xogado pola esquerda independentista de cara a socializar a necesidade de construir unha repúbica catalana alicerzada na xustiza social e a reunificación dos países cataláns
  • A IV AN de Isca! apoia o proceso aberto coa revolución bolivariana mediante o cal o pobo venezolano avanza cara á plena independencia e a construción do socialismo. Desexamos unha pronta recuperación do presidente Chávez e condenamos a demonización e manipulación que os medios do gran capital fan sobre un proceso no que as clases populares volven ser protagonistas do seu futuro.
  • Rexeitamos os planos de inxerencia imperialista no mundo árabe, hoxe plasmados nunha intervención encuberta no territorio de Siria co fin de instalar un goberno títere ao servizo das potencias occidentais. Reafirmamos o dereito de todos os pobos a defender a súa soberanía e decidir libremente o seu futuro, sen inxerencias externas de ningún tipo.
  • A IV AN de Isca! apoia o pobo Curdo na súa loita polo recoñecemento nacional e a soberania. A nación negada do Curdistán, esgazada entre catro estados, sofreu historicamente unha dura represión contra as súas aspiracións de liberdade, particularmente por parte de Turquía. Un exemplo disto é o seu líder Abdullah Öçalan, líder do PKK que permanece encarcelado desde 1999 sen nengún tipo de de dereitos, ou o asasinato esta semana de tres militantes no exilio. Viva a loita do pobo curdo!
  • A IV AN de Isca! rexeita o borrador de Lei Orgánica para a Mellora Educativa presentado polo ministro Wert por atentar de xeito descarado e sen ningún tipo de carauta contra o ensino público e de calidade, na busca da súa precarización e desmantelamento, así como o seu marcado carácter españolista, deixando as linguas propias nunha situación secundaria e de desvantaxe. . Por todo isto, esiximos a dimisión do ministro de Educación.
    Desde Isca! seguiremos a loitar por un ensino público e de calidade, 100% en galego, ao servizo do pobo e que garanta o acceso e formación das clases populares.
  • A IV AN de Isca! apoia a luita em favor da oficialidade das seleçons nacionais do nosso país e critica a espanholizaçom da mocidade mediante as vitórias de selecçom espanhola. Queremos parabenizar a Siareir@s Galeg@s pola realizaçom das súas jornadas em Ponte Vedra, animando a que continuem co seu trabalho. Umha naçom, umha selecçom!
  • A IV AN de Isca! denuncia a ofensiva contra o sistema sanitário público e a destruiçom de direitos e privatizaçom de serviços sociais como resposta a crise e apoiamos à luita contra estas medidas. Repagamentos, privatizaçom de serviços de ambuláncia, retirada de determinados tratamentos da cobertura social, entrega de gestom hospitalar à empresa privada… A lista de ataques prolonga-se e deixa claro que no capitalismo o lucro prevalece sobre os direitos mais básicos. A sanidade nom se vende, defende-se!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario