Resposta ante o ataque á Global Sumud Flotilla

Denunciamos o ataque á Global Sumud Flotilla e o secuestro das súas integrantes, entre as que se encontran a galega Sandra Garrido e a militante Sofia de Arran.

 Exiximos a súa posta en liberdade de inmediato e que se permita chegar a axuda humanitaria a Gaza.

Ataque á Global Sumud Flotilla

O ente sionista volve bloquear a chegada da flotilla a Gaza como leva facendo con misións similares desde 2008.

No momento máis cru do xenocidio, cando até sectores historicamente silentes condenan a actuación de Israel, ningún goberno está a facer xestos reais por parar o exterminio do pobo palestino e sinalar responsábeis. O español mesmo emprega a colaboración coa flotilla como chantaxe para obrigar a renderse fronte ás esixencias de Israel.

As mozas revolucionarias reclamamos a soberanía para o pobo palestino, e isto implica o desmantelamento do Estado sionista, a recuperación do territorio para as palestinas e o recoñecemento das súas organizacións populares, tamén as da resistencia.

Chamamos á participación masiva das mobilizacións convocadas por todo o país en repulsa deste novo ataque á soberanía do pobo palestino e aos dereitos colectivos de todas nós.

Mobilizacións ante o ataque á Global Sumud Flotilla

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario