Romaría lilá e ManiFestaAcción en Vigo

A dereita españolista que goberna no Estado teima sen descanso en arrebatar os dereitos das mulleres, que queremos ser libres e decidir sobre os nosos corpos e as nosas vidas. Hai un ano a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto saía ás rúas de Compostela nunha grande marcha contra as políticas do PP e esixindo respeto aos nosos dereitos sexuais e reprodutivos. Un ano despois, este domingo día 15, estamos de novo chamadas a amosar en Vigo a nosa enerxía e nosa forza para que se enteren: non imos parar!

Desde Isca! chamamos a participar na ManiFestaAcción e nas diversas actividades que a Plataforma ten previstas a comezar por unha manifestación ás 11:30, que seguirá cunha romaría lilá e rematará cunha festa.

Participa e loita, xuntas podemos! Aborto libre e gratuíto!

>>Rebater, folla axitativa de Isca, sobre a Lei do Aborto.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario