Sábado 17, mobilicémonos contra o TTIP!

ttipO TTIP é o acordo soñado polos grupos empresariais máis grandes das dúas beiras do océano atlántico. O obxectivo que quere conseguir é a eliminación das normativas que afectan ás relacións entre empresas transnacionais que operan tanto nos EEUU como na Unión Europea disfrazando tal fin como un fortalecemento comercial. Os primeiros contactos entre a Comisión Europea e o goberno estadounidense, non confirmados até moito tempo despois, datan do ano 2011 e a partir dos cales se emprenderon unha serie de reunións cos representantes das redes empresariais máis potentes.

O TTIP non é só un acordo comercial tradicional centrado na redución duns aranceis sobre as importacións duns socios comerciais que xa son moi baixos e que apenas poderían reducirse máis. O principal obxectivo é eliminar aquelas normativas, aquelas regulamentacións que podan supor unha «traba» para os beneficios das empresas transnacionais. Isto implica, en esencia, a práctica eliminación de multitude de normativas en segredo para evitar no posíbel o debate e a resposta popular.

O acordo é un ataque de grande envergadura contra os dereitos sociais, laborais, ambientais e civís, xa de por si insuficientes na Unión Europea. Busca tamén crear novos mercados abrindo o sector dos servizos públicos ás corporacións transnacionais, o que ameaza con privatizacións masivas na sanidade ou na educación. Mais unha das medidas máis preocupantes do TTIP é que pretende conceder a investidores estranxeiros o dereito a demandar os estados soberanos ante tribunais de arbitraxe privados, creados a tal efecto sen ningún tipo de garantías nin control, para reclamar perdas resultantes de decisións sobre política pública. Eleva o capital transnacional a un status equiparábel ao dun estado, con todo o que iso supón.

Mobilízate

Este sábado a CIG convoca manifestacións contra o TTIP en varias localidades do país, un tratado que procura rematar con todos os nosos dereitos, coa soberanía dos povos e incrementar a explotación capitalista.

  • A Coruña: 12:00 h diante Delegación do Goberno
  • Ferrol: 12:00 h na Praza do Himno
  • Compostela : 12:00 h na Praza de Galiza
  • Lugo: 12:00 h na Praza Maior
  • Ourense: 12:00 h na Subdelegación do Goberno
  • Pontevedra : 12:00 h na Praza da Peregrina
  • Vilagarcía : 12:00 h na Praza de Galiza

.

>> Consulta o noso caderno de formación sobre o TTIP

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario