[Campaña nacional] Sabías que…

 

  • … a Galiza ten hoxe por volta de 65.000 persoas menores de 30 anos en paro?
  • … a taxa de desemprego xuvenil achégase ao 50%, máis do dobre que o conxunto dos estados da UE (23,5%)?
  • … o desemprego xuvenil na Galiza aumentou exponencialmente desde o comezo da crise? 2007: 15,9%, 2008: 21,05%, 2014: 48,45%
  • … menos do 50% das persoas en paro perceben algunha clase de axuda económica?
  • … ditas axudas son en moitos casos de contías próximas aos 400€?
  • … na última década a mocidade pasou de representar o 23% da poboación activa a un residual 12%? E que a idade media da persoa traballadora salariada subiu tres anos entre o 2007 e o 2013, dos 38.9 aos 41.9 anos?
  • … desde que comezou a crise a mocidade asalariada pasou de 366.000 persoas (2007) a 213.000 (2014)?
  • … o 20% da poboación activa cobra un salario bruto de só 600 €?
  • … por volta de 142.000 mozas galegas tiveron de abandonar o país desde o 2007?
  • … o número de mozas residentes na Galiza pasou dunhas 675.000 persoas (2008) a 533.000 persoas (2014)?
  • … segundo os últimos datos do IGE na mocidade os contratos a tempo parcial superan o 33% do total e os contratos temporais case o 68%?
  • … aínda cos tremendos recortes en materia laboral, desde o inicio da primeira lexislatura de Alberto Núñez Feijóo no 2009, a débeda pública galega pasou duns 4.842 millóns de euros a uns 9.000 millóns, por volta do 16,6% do PIB?

.

sabiasQueComo vemos a Galiza é hoxe moito máis pobre e vella que antes de o PP tomar o poder. Ás escandalosas cifras de paro súmase un premeditado ataque aos dereitos laborais, que en forma de reforma laboral e recortes de corte neoliberal, precariza o emprego e limita as axudas sociais. Aínda máis, pois acentúa o secular fenómeno emigratorio do país, producindo un sangrado constante na sociedade galega.

Este é o noso presente mais tamén pode haber outro futuro se loitamos agora para derrubar un sistema inxusto. Organización, mobilización e rebelión!

.

>> [Campaña nacional] Rachar co pacto social, loitar polo noso futuro!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario