Saudamos o nacemento de Ernai, a nova organización xuvenil da esquerda abertzale

O pasado 2 de marzo, como culminación do proceso “Gazte Zukgua” e logo de seis meses de debates constituiuse Ernai, a nova organización xuvenil da esquerda abertzale, situada en parámetros análogos aos nosos: independentistas, socialistas, feministas e revolucionarios. As mozas e os mozos de Isca! quixemos desexarlles a través dun video un produtivo congreso constituínte, onde se concretaron os obxectivos, estratexia, liñas de traballo e funcionamento da organización xuvenil analizando a problemática xuvenil, creando alternativas e fortalecendo o proceso de liberación nacional e social.

Así mesmo, e para seguir tecendo relacións de irmandande entre a mocidade dos pobos en loita, Isca! participará como organización convidada no Gazte Danbada, festival que celebrará o nacemento de Ernai e que terá lugar os vindeiros 29, 30, 31 de marzo e o 1 de abril en Urduña, Biscaia.

Porque sabemos que a autoorganización consciente da mocidade é imprescindíbel para a facermos fronte á opresión e construir un futuro de liberdade para os nosos pobos e a nosa clase, desexámoslle o mellor futuro á nova organización xuvenil, pois os seus éxitos serán tamén os nosos.

Gora Galiza eta Euskal Herri libre eta sozialistak!

Hamaika herri borroka bakarra!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario