Se o Estado Español amordaza, a mocidade rebelde rexeita

A mocidade dos pobos oprimidos polo Estado Español queremos denunciar a Lei de Seguridade Cidadá, máis coñecida como Lei Mordaza. O Estado Español quere levar adiante esta lei para deixar sen voz ás persoas insubmisas. Esta lei recorta os nosos dereitos de manifestación e expresión co obxectivo de silenciar as protestas xeradas tras as agresións aos nosos dereitos sociais, laborais e políticos logo das últimas reformas impostas desde o goberno do PP e desde a Unión Europea.

Por todo isto, como declaración de intencións, manifestamos que seguiremos na loita xunto ao pobo, mostrando que se seguen a atacar ás clases populares, atoparán enfronte á mocidade combativa. Usando a capucha como reivindicación en si mesma, do que significa ser mozo e estar en loita. Porque non usamos a capucha para tapar a nosa faciana, usámola para representar a toda a xente que o pasa mal, a toda a xente que sofre o xenocidio capitalista.

Facemos nosas as palabras de Assata Shakur (militante do Partido Revolucionario Panteras Negras): “non se gañou ningunha loita apelando á moral do opresor”. O futuro é noso e desobedeceremos.

Non conseguirán nunca unha mocidade calada, rachamos o silencio e quitamos as mordazas que nunca nos poderán poñer. A mocidade rebelde loitaremos sempre para que a voz do pobo sexa escoitada.

Se o Estado Español amordaza,
a mocidade rebelde rexeita!

.

>> Orixinal no bloque da dinámica internacionalista.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario