Participamos no encontro e na manifestación da Marcha Mundial das Mulleres

sem-as-mulheres.jpg

Miles de persoas mobilizáronse na manifestación convocada pola Marcha Mundial das Mulleres baixo o lema “Cambiar a vida das mulleres para cambiar o mundo. Cambiar o mundo para cambiar a vida das mulleres”. Este era o acto central dunha serie de actividades que tiveron lugar en Vigo ao longo de toda a semana, con encontros, debates, feira de asociacións, actos lúdicos… que xuntaron en Vigo mulleres de todo o mundo para tecer alternativas ao vixente modelo socio-económico, especialmente centradas no dereito dos pobos á soberanía alimentar, sempre desde unha perspectiva feminista.

 

Militantes de Isca! participaron nas diversas actividades, especialmente na mobilización, baixo o lema “Loitamos pola nosa independencia. Sen as mulleres non hai revolución!”. Portouse unha faixa, repartíronse autocolantes e un Rebater editado para a ocasión. A mobilización rematou no Porto de Vigo onde varias das delegadas da Marcha Mundial das Mulleres, representantes de diversas rexións do mundo, se dirixiron ás manifestantes.

Consulta aquí o Rebater editado para a mobilización.

Podes tamén ver aquí un video da mobilización.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario