Siria, no punto de mira do imperialismo

siriaiscaSiria, no punto de mira do imperialismo, é o título baixo o cal organizamos unha charla-coloquio sobre a situación actual que atravesa este país de Oriente próximo e na que participará Óscar Valadares, do Comité de solidariedade internacionalista “Mar de Lumes“. Nela poremos sobre a mesa a súa realidade desde un outro punto de vista, pondo o foco sobre diversas cuestións: que é Siria, cales son os intereses occidentais en Siria e na rexión, cales son as orixes do conflito armado ou cal é a situación actual na súa loita contra o terrorismo. Animamos á mocidade a participar, a dar o seu punto de vista e a debater sobre este tema de recente actualidade.

O acto terá lugar o vindeiro venres día 15 de xaneiro de 2016 ás 20:00 horas na Sala de Exposicións Amalia Domínguez Búa (Rúa Eduardo Vicenti, 2) en Bueu.

Anímate e participa!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario