Solidariedade con Aarom, Atanes e Mario

solidariedadeAAMOrganizacións xuvenís e estudantís de todos os pobos oprimidos polo Estado Español asinamos conxuntamente un comunicado en solidariedade con 3 estudantes galegos que están a ser procesados e aos que se lles piden 9 anos de prisión por protestar contra a presenza de Núñez Feijóo na USC. Desde Isca! mostramos publicamente de novo a nosa solidariedade cos tres compañeiros, como xa llo transmitimos hai días ao Comité pola Absolución creado a tal efecto, e animamos á mocidade a participar da concentración solidaria o martes 10 de novembro as 10:00h coincidindo co xuizo, diante dos Xulgados de Fontiñas.

Solidariedade con Aarom, Atanes y Mario

O vindeiro día 10 de novembro, tres mozos galegos serán xulgados por participar nunha protesta estudantil contra a presenza na Universidade de Santiago de Compostela do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, máximo responsábel a nivel galego das retalladas feitas na educación pública e a aplicación de leis anti-populares e anti-galegas como a LOMCE.

Os delitos dos que son acusados son lesións e desordes públicas chegando a pedir unha condena de 3 anos a cada un, nove anos de prisión en total, ademais dunha forte sanción económica. Unha petición desproporcionada para unha acusación falsa, baseada en fotos publicadas por medios de (des)información e declaracións dos policías de paisano que participaron no dispositivo ese día que e foron os únicos que realmente agrediron ao estudantado concentrado contra as políticas neoliberais.

Os grandes poderes do Estado Español quérennos asustar, vernos caladas, que non saiamos a rúa para denunciar a miseria á que condenan a mocidade traballadora… mais a mocidade rebelde das nacións oprimidas polo Estado Español temos claro que non o van conseguir. Sabemos que o camiño é continuar a defender os nosos dereitos nas rúas e exercer a desobediencia ás súas leis, só así as súas políticas represivas non nos conseguirán deter.

Non imos ceder ante as súas montaxes policiais pois somos coñecedoras da forza e da necesidade da autoorganización da mocidade de cada nación oprimida, que axude e permita a necesaria acumulación de forzas para rachar co réxime autoritario e partriarco-burgués que representa España.

É por iso que as organizacións xuvenís das nacións oprimidas polo Estado español amosamos o noso apoio internacionalista a estes tres mozos que afrontan penas de prisión pola defensa coherente dos dereitos da mocidade traballadora galega.

Aarom, Atanes, Mario absolución!

ARRAN – Concejo Estudiantil – Darréu – Ernai – Ikasle Abertzaleak – Isca! – Jaleo!!! – Liga Estudantil Galega– Purna – SEPC – Seira – Xunta Estudantil Asturiana – Yesca

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario