Solidariedade con GzVideos

De Isca! queremos amosar o noso apoio e solidariedade ao colectivo audiovisual Gzvideos, que ven desenvolvendo un importante labor contra-informativo, difundindo actividades dos movementos sociais galegos e dando voz a novas que son silenciadas habitualmente pola prensa empresarial, e que é obxecto na actualidade dunha campaña represiva por parte dos corpos policiais do Estado Español.

Logo dunha denuncia falsa a un dos seus reporteiros e dunha retención da garda civil a outro deles, unha das activistas foi acusada de berrar contra os axentes durante unha manifestación no 2008, algo que nunca se produciu, e que evidencia o intento por calar unha voz independente e crítica como é GzVideos e contra a liberdade de expresión e información.

Non é un facto isolado nen novidoso na “democracia” española, que recorre frecuentemente á represión e à anulación dos dereitos civís para calquera discrepante co ordenamento político-xurídico do Estado, non dubidando en por o seu aparato policial para tales fins, penalizando a difusión de calquera actividade que o poña en cuestión.

Desde aquí, enviámoslle unha aperta de apoio aos e às activistas de GzVideos, repetindo, con eles e a modo de homenaxe, o seu lema: Apaga a tv, prende a túa mente!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario