Touradas non: Ningunha tradición por enriba da razón

maniTouradas2014A plataforma Touradas fóra de Pontevedra convoca para o vindeiro sabado 8 de agosto unha nova mobilización co gallo do inicio da feira taurina, para reclamar o fin desta barbarie en Pontevedra. A mobilización partirá ás 20:00h da Praza da Peregrina baixo o lema “A tortura nin arte nin cultura”.

Máis un ano dende Isca manifestamos a nosa oposición ás touradas, unha tradición allea a nosa cultura e a nosa terra, polo tanto imposta. A corrida transmite valores negativos como o uso gratuito da violencia, o desprezo fronte os dereitos dos animais e a lexitimización da tortura. En definitiva, a lidia perpetúa comportamentos que a sociedade debe rexeitar.

Nun momento histórico no que os privilexios do lobby taurino son cuestionados por unha sociedade con maior conciencia consideramos que os organismos públicos deben dar un paso adiante como fixo o Concello de Pontevedra en 1999 e na actualidade os novos gobernos de Sarria, A Coruña e a Deputación de Pontevedra.

Por todo isto facémonos eco das reivindicacións da plataforma antitourada:

  • Ao goberno do Estado que faga os cambios lexislativos necesarios para a abolición das touradas e a paralización da súa promoción e subvención con diñeiro público, que en plena crise ascende a 600 millóns de euros.
  • Que o Parlamento de Galiza modifique a “Lei 1/1993 de Protección de Animais Domésticos ou Salvaxes en Cautividade” que exclúe no seu artigo 5º as touradas, para que prohíba estas actividades.
  • Ao Concello o cese do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a declaración de Pontevedra como “Cidade Antitouradas e amiga dos Animais”. Exiximos o fin do convenio coa praza de touros polo cal o empresariado recibe 45.000€ cada ano.
  • A reconversión da Praza de Touros nun coliseo para espectáculos culturais e concertos.

touradasFpraPor último, Isca anima a toda a mocidade galega a participar nesta mobilización convocada por uns movementos sociais que buscan construír unha sociedade máis xusta e máis respectuosa cos animais.

Por unha Pontevedra sen touradas!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario