Touradas: un atavismo ao que temos que por fin

Un Tribunal de Lisboa considera que a tortura aos animais coñecida como tourada -que funciona pretensamente como “espectáculo cultural”, ademais de símbolo máximo do colonialismo español- pode influenciar negativamente a nenas/os e adolescentes (polo que se ve, tamén a moitas persoas adultas), polo que prohibiu á RTP transmitir unha corrida antes das 22:30, cando estaba prevista ás 17:30.

No Estado Español, as cousas van por outro camiño. Case simultaneamente, todos os telexornais españois abrían as informacións con imaxes da última tourada celebrada en Madrid, e xornais e informativos radiofónicos glosaban as marabillas do último estilista das espadas e as lanzas cravadas no corpo dun animal.

O Tribunal luso non só impuxo condicionantes horarias, senón que esixiu que a transmisión das touradas sexa acompañada de un identificato visual permanente (unha “bolina”) para advertir aos pais da inadecuación para os nenos.

touradasAcçao Animal, a asociación que interpuxo a denuncia, animou á RTP a dar un paso máis e non voltar a transmitir as touradas. De Isca! pularemos pola completa eliminación desta tortura, amplamente subsidiada con fondos públicos, se ben sabemos que no noso caso non podemos confiar en avanzos por medio da xustiza “á española”, senón só apoiarnos na mobilización popular e na autoorganización.

Así, recomendamos unha ollada ao web da pontevedresa Plataforma Antitaurina, nascida no ano pasado para reaxir ante as touradas que con carácter anual se celebran nesta cidade.

Touradas fora da Galiza!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario