Un risco para a saúde e o meio, un beneficio para as transnacionais

Os tranxénicos poñen en risco a nosa saúde, o medio ambiente e o futuro dos agricultores, á vez que xeran enormes beneficios para empresas transnacionais. A Monsanto anunciaba nesta mesma semana que quería aumentar o seu negocio, precisamente no momento en que xa ninguén discuten a gravidade da crise alimentar creada polo capitalismo.

Na Galiza hai xa 11 solicitudes de ensaios de liberación de tranxénicos por empresas biotecnolóxicas, e de seguro que xa hai
leiras en transxénico para a produción comercial no noso país. Informar á cidadanía sobre as cosecuencias cultivar e consumir transxénicos é o obxectivo da campaña da Plataforma Galega contra os Transxénicos, que ten como fin último a declaración de Galiza como Territorio Libre de Transxénicos. Agardamos que tal declaración se convirta nunha realidade pronto, e non só formal.

Segundo a plataforma, estanse a realizar cultivos experimentais para avaliar o comportamento do millo transxénico no campo en concellos como Touro, Mesía, Val do Dubra, Ribeira e Arteixo (A Coruña), Castro de Rei, Vilalba e Chantada (Lugo) e Lalín en Pontevedra.

Os OXMs non só están nos campos, tamén están presentes nos supermercados e portanto nos nosos pratos. Son moitos os produtos que consumimos diariamente con ingredientes elaborados a partir de soia ou millo transxénicos. As directivas europeas obrigan ao etiquetado só se as cantidades de transxénicos son maiores 0,9% por ingrediente. E non hai obriga de etiquetar carnes ou peixes alimentados con pensos transxénicos. Bolachas chocolates, sopas, pastas e un longo etc. conteñen residuos xenéticos de millo ou soia transxénica. A realidade e que estamos consumindo produtos transxénicos sen coñecelo e sen o noso consentimento.

Deixar o acceso a estas sementes, e portanto aos alimentos, nas mans das grandes empresas transnacionais supón negar a soberanía alimentaria dos pobos e condenar á fame a millóns de persoas en todo o mundo.

Nada podemos agardar do capitalismo, sistema no que as solucións sempre empioran os problemas anteriores, senón que debemos superar os consensos sobre o crecemento infinito do capitalismo e comezar a construír outro futuro, con outro modo de vida baseado nas persoas e na natureza e non nos beneficios.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario