Un berro de xustiza contra a inxustiza

O vindeiro domingo día 1 de decembro a Plataforma Nunca Máis chama a todo o pobo galego a manifestar a súa indignación, o seu rexeitamento e a revolverse contra a sentenza sobre a catástrofe do Prestige que, após 11 anos da mesma, se ditaba hai dúas semanas. Cun desenlace xa anunciado polo non enxuizamento dos principais responsábeis políticos da catástrofe, é hora de berrar xustiza no medio de tanta inxustiza. Contra o esquecemento, contra a impunidade e pola dignidade do pobo galego.

Manifestación ás 12 horas:

  • A Coruña, Casa do Mar
  • Foz, praza do Concello
  • Lugo, explanada da Xunta
  • Ourense, pavillón dos Remedios
  • Pontevedra, Praza da Ferrería
  • Vigo, Praza dos Cabalos
  • Santiago de Compostela, Alameda

Manifestación ás 12:30 horas:

  • Ferrol, Praza do Inferniño

Nunca Máis!

 

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario