Unha voz soberanista e transformadora nas eleccións do 20-D

.

.

Sabemos que a marxe do poder institucional é menor e cada vez está máis secuestrada polo gran capital, que é quen dita as políticas a aplicar mediante chantaxe ou designación direta dos seus peóns nos gobernos. Mais tamén sabemos que a organización de alternativas sociais e económicas para a nosa clase e o noso pobo non é contraditoria coa participación institucional na defensa dos valores da esquerda transformadora e o soberanismo.

Falamos con Noa Presas, militante de Isca! e candidata número 1 ao Congreso das Deputadas pola provincia de Ourense por Nós-Candidatura Galega. Apostamos por Nós-Candidatura Galega pola defensa da soberanía nacional para decidirmos sobre o noso. Pola defensa dos obxectivos intereses das clases populares galegas. Pola defensa activa dun marco galego de relacións laborais, contra a explotación, a precariedade, a emigración xuvenil e o desemprego. Pola banca pública, a defensa dos sectores produtivos galegos, o feminismo, a defensa da diversidade sexual, a vida digna e unha política antiimperialista enfrontada á OTAN.

O vindeiro 20 de decembro a mocidade rebelde con Nós-Candidatura Galega!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario