V Asemblea Nacional de Isca! Agardámoste ás 19:00h.

5asembleanacionalComo xa publicamos hai días, o vindeiro 7 de febreiro terá lugar na cidade de Compostela a 5ª Asemblea Nacional da nosa organización baixo o lema “rachar co presente, construír o futuro“. Nela actualizaremos as nosas análises políticas sobre a situación da mocidade e do movemento independentista e revolucionario galego. Farémolo xunto coas colaboradoras e simpatizantes que decidiron participar con nós de todo un proceso que comezou xa no mes de decembro e que rematará a finais de febreiro.

Pero non queremos esquecernos de ninguén, por iso convidamos a todas as mozas e mozos que esteades interesadas en coñecer o noso proxecto, as nosas conclusións ou como foi o proceso á sesión de clausura a partir das 19:00 horas (nova hora) que terá lugar no salón de actos do Colexio Maior San Clemente (Praza Rodríguez Cadarso, Campus Sur, Compostela).

Nel daremos conta das conclusións e resolucións políticas da nosa Asemblea Nacional, contaremos cos saúdos das nosas organizacións irmáns doutros pobos, cunha intervención política a cargo do noso partido, o Movemento Galego ao Socialismo, coa compañía das organizacións coas que día a día camiñamos cara un futuro libre e sen explotación e todo amenizado cunha intervención musical galega.

Agardámoste!

.

>> V Asemblea Nacional. Rachar co presente, construír o futuro!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario