Priorizarmos o traballo formativo é para nós unha necesidade para ser capaces de intervirmos socialmente e transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida que nos impón o capitalismo, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante.
Por iso organizamos o vindeiro mércores día 20 de xullo ás 18:30 horas no C.S.A A Revolta de Vigo (Rúa Real, 12) un encontro formativo onde trataremos a necesidade da independencia do noso país na actualidade. Entendemos a soberanía e a independencia como a vía de saída do capitalismo e o camiño para a construción dun sistema diferente, deixando atrás toda opresión e onde os dereitos sociais estean garantidos e non sexan mercadurias coas que unha minoria poda lucrarse. Contaremos con Diego Santorio, membro da Mesa Nacional do Movemento Galego ao Socialismo.
Agardámosvos!