Priorizarmos o traballo formativo é para nós unha necesidade para ser capaces de intervirmos socialmente e transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida que nos impón o capitalismo, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante.
Por iso organizamos o vindeiro venres día 5 de decembro ás 20:00 horas no Local Social Faísca (Rúa Toledo, nº9) un encontro formativo onde trataremos a historia e importancia da organización e o partido comunista no movemento obreiro. Porque, xa dicía Lenin, o proletariado non dispón, na súa loita polo poder, de máis arma que a organización.
Agardámosvos!
>> Escolma de textos sobre os que falaremos