[Vigo] III Xornadas Feministas

Unha das mellores ferramentas que temos para loitar contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado é a formación constante, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así ser quen de transformar a realidade que nos tocou vivir.

Convidámosvos a partillar connosco estas III Xornadas de formación, debate e reflexión para continuar, máis fortes, na loita diaria feminista e antipatriarcal. Terán lugar o vindeiro sábado 11 de marzo no local da Asociación de Veciños Casco Vello (rúa Cánovas del Castillo nº21, Vigo) a partir das 12:30 horas da mañá co seguinte programa:

12:30 – A muller no mundo das artes escénicas
Vicky Estévez; activista da Plataforma Feminista de Pontevedra e actriz

16:30 – A loita contra os feminicidios dende as institucións: límites e posibilidades
Noa Presas, deputada no parlamento galego polo BNG

18:00 – Muller e Revolución Bolivariana
Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo

19:30 – Visita guiada á exposición “Mulleres do Silencio” no MARCO
Previa inscrición no enderezo iscagz@gmail.com

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario