VIII Asemblea Nacional de Isca! – 29 de xaneiro

O vindeiro 29 de xaneiro terá lugar en Ourense a nosa 8ª Asemblea Nacional baixo o lema O futuro é hoxe; prendamos a chama, un evento especial onde analizaremos o noso traballo durante o pasado período interasemblear e cal é o camiño que tomaremos para o vindeiro.

Militancia, colaboradoras e convidadas están chamadas a debater uns documentos centrados en diferentes aspectos políticos e organizativos, co fin de marcar a táctica e revisar a estratexia para mellorar a capacidade de intervención política, nun contexto social cada día máis hostil para a mocidade e aínda inmersas na expecionalidade da pandemia por coronavirus.

Escollerase tamén unha nova Mesa Nacional que ficará encargada de converxer o traballo de todas as Asembleas Zonais e a nosa incidencia nas diferentes loitas sectoriais das que formamos parte.

Con todas as medidas sanitarias pertinentes, queremos seguir a recuperar o traballo presencial e de rúa que o sistema leva criminalizando desde o estalido da pandemia. É por iso que queremos manter, como nas 7 anteriores ocasións, o formato presencial para a celebración do noso vindeiro encontro nacional.

VIII Asemblea Nacional Isca!

O FUTURO É HOXE; PRENDAMOS A CHAMA.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario