Xira galega da coordinadora en África de Vía Campesina

No marco da Semana Galega do Comercio Xusto, Amarante, xunto co Sindicato Labrego Galego e Verdegaia, organizan unha xira por Galiza da dirixente campesiña Mariam Sissoko (presidenta de muller da CNOP -Coordenación Nacional de Organizacións Campesiñas de Mali- e coordenadora en África do movemento Vía Campesina).

Baixo o título “Consumo responsable e Cambio climático”, Mariam Sissoko desgranará o traballo que desde a CNOP e Vía Campesina se está
facer a prol da loita pola soberanía alimentaria no continente, así como a necesidade de fomentar un medio rural vivo en confrontación ao
modelo de produción e consumo capitalista devorador de recursos e que ten as distintas crises (alimentaria, ecolóxica e financieira) como impronta no século XXI.

Mariam Sissoko dará conferencias nas principais vilas galegas entre o 21 e o 24 de abril de 2009.

Martes 21 de abril
Maña. 12.00h. Charla en Betanzos
Tarde. 20:00h. Charla en Pontevedra – Galería Sargadelos

Mércores 22 de abril
Mañá. 11:30h. Charla no Salón de Actos do IES Ribeiro en Ribadavia
Tarde. 20:30h. Charla en Vigo – Local de A Cova dos Ratos

Xoves 23 de abril
Tarde. Charla en Mondoñedo
Tarde. 20:30h. Charla en Ribadeo – Casa das Letras

Venres 24 de abril
Mañá. 12.45h. Charla en Compostela – Facultade de Matemáticas, Campus sur.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario