[Xornada] Necesidade e sentido da militancia revolucionaria

formacionMilitanciaRevolucionariaAs militantes de Isca! acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida que nos impón o capitalismo, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Pensamos que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e submisas.

Desta volta organizamos unha xornada de formación sobre a necesidade e o sentido da militancia revolucionaria. Comezaremos por explicar o significado e implicacións que ten para nós a militancia revolucionaria, concretamente a nivel xuvenil, e como entendemos en Isca determinados conceptos ligados ao noso funcionamento interno e modelo organizativo, como a democracia interna, o traballo colectivo ou a disciplina.

Terá lugar o vindeiro venres 6 de marzo a partir das 19:00 horas no café De Catro a Catro (Rua Girona 16, Vigo).

Non a perdades!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario