O próximo 12 de abril serán xulgados en Lugo tres estudantes para os que se piden desproporcionadas multas e penas de cárcere en base a acusacións falsas, a raiz dunha manifestación convocada polos Comités en novembro de 2008 e na que a policia atacou brutalmente os estudantes. Ante esta farsa, convócase unha concentración que terá lugar coincidindo co xuízo, ás 10:00h do 12 de abril perante os xulgados de Lugo.
A seguir, reproducimos un artigo do compañeiro Antón Castro (Responsábel de Campus dos Comités en Lugo e que é unha das persoas imputadas) sobre esta cuestión:
A ninguén se lle escapa que para acadar a Universidade que defendemos dende os Comités: galega, democrática, de calidade e por suposto pública, o plano de financiamento é esencial. Tanto para manter os servizos polos cales paga o estudante como para manter á universidade fora da influencia das empresas e multinacionais, as cales pretenden cambiar a función social e educativa da Universidade por unha mera relación de inversión-beneficios, utilizandoa como campo de investigación e formación privada o unico servizo das fluctuacións do mercado.
Fai xa máis dun ano os Comites decidimos, ante estos sucesivos ataques a esta nosa universidade, levar a cabo unha campaña de protesta e concienciación do estudantado. A cal xirou en torno a unha xornada de folga e unha recollida de sinaturas en todolos Campus do país co fin de entregarlas na Conselleria de Educación, daquela gobernada polo PSOE.
En concreto no Campus de Lugo, contando con todolos permisos necesarios votámonos a rúa o 19 de Novembro de 2008. A xornada comezou cunha concentración no Campus, saindo para o centro en manifestación, sendo sempre exemplo de normalidade e civismo, ca unica falta de modificar o percorrido, cortando varias rúas da cidade de Lugo. Despois dun longo percorrido e de concentrarnos diante da delegación da Xunta de Galicia marchamos cara a Subdelegación do Goberno Estatal, onde procedimos a un encadeamento simbólico e a unha segunda lectura do manifesto.
Nesta situación nos atopábamos cando chegaron as forzas de seguridade do estado, as cales esgrimindo como razón contaminación acústica, sen previo aviso e sen darnos oportunidade nin de rematar de ler o manifesto, e moitisimo menos de retirarnos pacificamente tal e como transcurrira a manifestación, cargaron contra os escasos cen estudantes que ainda non se retiraran a xantar. O resultado desta carga foron tres compañeiros feridos e alomenos doce identificados, incluindo dous detidos.
Como unha proba máis do innecesario e inconvinte da carga policial e de que non contaban ca autorización do subdelegado do goberno español, foi que cargaron vestidos de paisano sen identificarse en ningún momento sen esgotar a via diplomática e sen miramentos a hora de facer uso das súas porras elongabeis, incluso agredindo a un empregado de Localia que grababa o acto. Ademais de vulnerar os nosos dereitos confiscando gran parte do material gráfico da manifestación e carga policial.
Pero ahí non quedou a cousa, pois non contentos en agredir a dúas dúcias de estudantes denunciaron a tres dos que presentaron parte de agresión, por cohacións e atentado á autoridade o que significaría unha multa de 6000 euros por persoa e 2 anos de cárcere. Estos cargos son polo menos ridículos tendo en conta que a base xurídica da cohación seria que secuestramos a persoas dentro da subdelegación, pero hai que ter en conta que durante a semana a porta que inutilizamos permanece pechada utilizandose unha porta lateral. En canto o cargo de atentado á autoridade basease en partes de lesión dos policias con tratamentos tales como lavar con auga e xabón e tomar un termalgin dun gramo en caso de dor…
Este xuizo, que xa foi aprazado nunha ocasión, terá lugar o vindeiro luns 12 de Abril no xulgado número 1 de Lugo. Esta é unha oportunidade inmellorabel para demostrar a unidade do estudantado e para denunciar tal atropelo dos dereitos e liberdades que nos otorga esta “democracia”, que se permite dar leccións de liberdade de expresión e tolerancia de portas cara fora esquecendo as actuacións que leva a cabo tanto no noso país coma noutras nacións da península.
Na defensa dun ensino público, democrático, galego e de cualidade, nin un paso atras!!!
Non á represión do estudantado!