Acto na Coruña contra a deturpación da memoria historica

actomemoriahistorica.jpg

No ano 2011 puxo fin a case 60 anos de vida pública, desde que entrou nos órganos directivos de varias institucións do franquismo. En 1962 foi ascendido a ministro de Información e Turismo, e anos máis tarde ocuparía tamén a carteira de gobernación. No medio, quedou a súa estancia en Londres como embaixador, a etapa previa ao seu cargo como vicepresidente do Goberno de Arias Navarro”

Deste xeito despacha La Voz de Galicia a figura do fascista, represor e homófobo Manuel Fraga Iribarne nun exercicio de revisionismo histórico intolerable. Desde a Asemblea de Zona de Isca! da Coruña organizamos un acto onde pretendemos dar unha visión distinta á que nos presentan os poderes políticos e mediáticos que queren facer de Fraga un “bo e xeneroso” contando, desde o lado das víctimas, o que realmente representou Fraga Iribarne como dirixente franquista amais de repasar de primeira man a realidade da represión franquista en toda a comarca Coruñesa.

Contaremos coa participación de Manuel Monge, activista social e destacado membro da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e terá lugar o vindeiro venres día 17 de febreiro ás 20:30 no no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda sito na rúa Olmos 16-18, 1º andar

 

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario