[BNG de Ordes] Xornadas de formación feminista

O BNG de Ordes organiza, os vindeiros 19 e 20 de setembro, unhas xornadas de formación feminista na Casa da Cultura. Desde Isca! difundimos o evento e animamos a todo o mundo a asistir dado o seu interese e amplos contidos.

Entre palestras, debates e actuacións, tentarán erixir un ambiente onde se visibilice a presencialidade das mulleres en distintos ámbitos, algunhas das problemáticas que nos abranguen a todas e, como non, deixar oco para a arte e a cultura feminina galega.

VENRES 19 de setembro (19:00h):

  • Orixe do patriarcado e feminismo de clase, Klara Álvarez
  • Teoría Queer, Teresa Moure
  • Micromachismos, Paula Castenda e Rebeca Cambeiro

Actuacións: Inés Mirás e Eviña; Isabel Risco

SÁBADO 20 de setembro (11:00h):

  • Posfeminismo, amor, control e políticas familiaristas, Carme Adán
  • Machismo nas organizacións, Goretti Sanmartín
  • Dereitos reprodutivos e reforma da lei do aborto, Ximena González

Lecturas e recital: Marta Suárez, Nuria Romero, María Vilas, Rocío Martínez

Esperámosvos!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario