[Cee] Nación, ruptura e soberanía

ceePriorizarmos o traballo formativo é para nós unha necesidade para ser capaces de intervirmos socialmente e transformar a realidade que nos tocou vivir. Acreditamos na (auto)formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida que nos impón o capitalismo, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante.

Galiza é unha nación dependente e empobrecida no económico, no político e no cultural, sen soberanía nin poder de decisión e sometida a políticas españolizadoras e centralistas que teñen como fin a nosa destrución como pobo e que abranguen todo o que nos rodea, desde o modelo e os contidos do ensino até a prohibición de vivir dos nosos sectores produtivos. Entendemos a soberanía e a independencia como a vía de saída do capitalismo e o único camiño para a construción dunha alternativa sistémica diferente, deixando atrás opresións de todo tipo, onde os dereitos sociais estean garantidos e non poidan ser mercadoría das que unha minoría extraia lucro.

De todo isto e de moitas cousas máis falaremos o 31 de Outubro en Cee, no Café Bar A Parada (Rúa Domingo Antonio Andrade) a partir das 20:00 horas co xornalista e profesor Xosé Emilio Vicente. Ao remate teremos un bocado de balde e pinchada de música galega.

Non faltes!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario