Día da Patria 2021

Organicémonos! A República Galega está nas nosas mans.

Esta finde é unha marca sinalada no calendario de todas as persoas que acreditamos na cuestión nacional galega como vertebradora dunha loita contra un sistema que non só nos oprime como clase, polo noso xénero ou pola nosa diversidade; senón que tamén nos ataca por resistir ao embate centralizador e esmagador do Estado español.

Este ano participaremos, como cada ano, das mobilizacións do 24 e do 25 de xullo nacionais.

O 24 de xullo participaremos da mani xuvenil independentista unitaria que sairá ás 20:00 da Alameda de Compostela.

O 25 de xullo participaremos en comitiva xunto ao Movemento Arredista da mani nacional do Día da Patria que sairás ás 12:00 da Alameda de Compostela.

En ambas mobilizacións contaremos cun posto de material á venda.

Acode ás mobilizacións!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario