Exército español fóra de Pontevedra. Brilat-OTAN criminais!

brilatptvAo longo do presente fin de semana terán lugar na cidade de Pontevedra os actos centrais con motivo do 50 aniversario da chamada Brigada Galicia VII do exército español, máis coñecida como Brilat. Ademais de rexeitar no noso país a presenza de corpos armados españois de ocupación, das súas bases militares, as súas manobras e a ameaza que supón a súa intervención ante un eventual proceso democrático e popular de independencia (como así está recollido na Constitución Española); a Brilat participa de misións internacionais de agresión imperialista a través da organización criminal da OTAN, destacando misións nos territorios da Iugoslavia, Afganistán ou o Líbano.

A OTAN, creada inicialmente na época da Guerra Fría para garantir o control e interesese na zona capitalista, representa abertamente o brazo armado das clases dominantes. Caído o adversario soviético, a OTAN expande o seu ámbito de acción utilizando a forza militar na defensa dos intereses xeoestratéxicos dos EEUU principalmente, mais tamén da UE. Casos como os da Iugoslavia e a creación de Kosovo, as intervencións abertas en Afganistán ou Iraque, Iemen, Somalia, Libia e un sen fin de exemplos nos que a forza da OTAN estivo e está máis ou menos presente dan conta do seu percorrido criminal.

Neste contexto os soldados da Brilat realizarán unha parada militar no centro de Pontevedra, acompañados de bandas militares e exposicións de armamento, vehículos e todo tipo de instrumentos bélicos. En Isca! sabemos que a procura da soberanía do noso país e a construción dunha sociedade diferente e mundo novo vai pasar pola oposición firme ao imperialismo e ás súas estruturas. Denunciamos tamén a súa presenza nas rúas, a propaganda que ten como obxectivo limpar o seu nome e mais todas as institucións que por acción ou omisión permiten que todo isto teña lugar.

Exército español fóra de Pontevedra. Brilat-OTAN criminais!

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario