Galiza terá unha nova lei de caixas grazas á proposta do BNG, que obtivo o respaldo unánime da Cámara

Santiago de Compostela, 24 Novembro 09. O portavoz de Economía do grupo parlamentar do BNG, Fernando Blanco, felicitouse polo acordo unánime adoptado hoxe na Cámara a favor da toma en consideración do Proposición de Lei de Caixas presentada polos nacionalistas e asegurou que supón unha boa nova para o conxunto dos galegos ao se enviar unha mensaxe clara tanto á sociedade como aos directores das Caixas: “os intereses de Galiza por riba”.

Blanco defendeu a proposta nacionalista como un “proxecto aberto”, para conseguir que sexa a “Lei de Caixas do conxunto de Galiza”, proxecto que permite dotar ao goberno dunha “ferramenta” para marcar o camiño e dicir por onde cómpre ir. “Nós non podemos obrigar á fusión pero si vetar calquera acordo que vaia en contra dos intereses do País”.

“Aquí Feijóo chegou tarde, como no debate do financiamento, e por iso o BNG tivo que tomar a iniciativa”O deputado do BNG xustificou a presentación desta Proposición ante a falta de “dirección” e de “liderazgo” amosado até o de agora polo presidente da Xunta para marcar ese escenario e regras de xogo,”aquí chegouse tarde, como no debate do financiamento, e por iso tivemos que tomar a iniciativa outros”.

O parlamentar lembrou que está en xogo o entramado social, financeiro e empresarial do País, daí a importancia deste debate malia que algúns, criticou, semella non son conscientes da súa responsabilidade histórica.

O PRECEDENTE DA MOCIÓN

A proposición do BNG outorga ao Goberno galego o 20 por cento das cadeiras nas Asembleas Xerais das caixasRecordou tamén que o propio Parlamento, a iniciativa igualmente do BNG, manifestou hai quince días que esta lei é necesaria, votando unanimemente a favor dunha moción que compromete o Goberno a garantir que os centros de decisión destas entidades permaneza en Galiza e á redacción desta nova lei.

Para Blanco, entre os aspectos máis salientábeis do proxecto aprobado están a participación da administración galega nas Asembleas Xerais, nunha percentaxe do 20 por cento, que permita “estar presentes” e coordinar políticas para rendabilizar mellor o aforro dos galegos.

O deputado tamén se referiu á mellora da xestión das Caixas, para garantir unha maior transparencia e unha maior democratización dos seus órganos de goberno, e á Creazón da Comisión de Retribucións e un Comité de Investimentos que realmente sexa operativo, ambos con participación da administración galega.

Críanse os comités de retribución e os de investimentos, con participación da Administración galegaSegundo o parlamentar, cómpre facer fronte aos “intereses dalgúns” que cuestionan a propia existencia das Caixas e están tentando abrir o camiño para que a longo prazo os bancos se convirtan nos seus propietarios. “Este é outro dos riscos aos que nos enfrentamos, non só que perdan a súa vinculación con Galiza senón que incluso desaparezan”, de ahí a necesidade de aproveitar unha oportunidade como o debate de hoxe para sacar adiante a “ferramenta” que serva para que as Caixas sigan sendo galegas.

 Original no web do BNG

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario