O 27 de marzo celebrarase a 3ª Asemblea Nacional de Isca!

Baixo o lema “medrar para construir, construír para liberar“, a nosa organización celebrará no colexio maior San Clemente da cidade de Compostela a súa terceira Asemblea Nacional. Xusto dous anos despois da anterior cita deste tipo, valoraremos o traballo realizado neste tempo, no que constatamos un importante medre e afortalamento do noso proxecto, conseguindo consolidar un espazo xuvenil crítico, rebelde, socialista e independentista no seo do nacionalismo, que é capaz de avanzar ao tempo que mantén a coerencia do seu discurso Por isto, mais lonxe da calquer tipo de autocompracencia, sendo conscientes do moito camiño que nos queda por andar, o obxectivo desta A.N. é  o de reforzarnos organizativamente, de cara a e mellorarmos a nosa incidencia entre a mocidade nacionalista en todos os ámbitos, e particularmente no campo estudantil.

O acto público de clausura terá lugar ás 19:00h, no Salón de Actos do colexio maior San Clemente.

3an.png

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario