O Estado Español pecha a web de Ernai, a organización xuvenil da esquerda abertzale

A seguir reproducimos o manifesto que diversas organizacións internacionais asinamos solidarizándonos con Ernai, a organización xuvenil da esquerda abertzale, cuxa páxina web foi pechada por orde da Audiencia Nacional baixo a escusa de “enaltecemento do terrorismo”:

Hoxe, unha vez máis, queremos mandar a nosa solidariedade e apoio máis grande a Euskal Herria e sobre todo a toda a mocidade vasca. Entendemos a solidariedade internacionalista coma unha obriga entre os pobos e é precisamente o que queremos subliñar. Neste mundo que está en crise, a solidariedade internacionalista dános as ferramentas para construír un mundo máis xusto e digno. É con estas ferramentas coas que conseguiremos defender os dereitos de todas as persoas.

 A mocidade estivo, está e terá que estar na primeira liña de loita e polo tanto, sabemos que estaremos no punto de mira dos Estados. Por iso, parécenos imprescindíbel amosar a nosa solidariedade a todas as camaradas que se atopan no mundo.

 En Euskal Herria saben perfectamente que a estratexia represiva do Estado español non ten límites. A persecución contra a mocidade vasca non cesou e desta volta a Audiencia Nacional, filla predilecta do franquismo, ordenou pechar a páxina web de ERNAI por “enaltecemento do terrorismo” ou simplemente por poñer a foto do preso político vasco asasinado Xabier Lopez Peña.

 Neste novo ciclo político aberto en Euskal Herria, o pobo vasco ten dado pasos importantes para a resolución do conflito. Así, esiximos aos Estados español e francés que poñan fin ao bloqueo e que dean pasos cara a normalización política. Para conseguir a paz é preciso que cesen todas as medidas de excepción contra a mocidade vasca, que se poña fin a todos os xuízos políticos e que todas as presas políticas vascas sexan postas en liberdade, xa que son unha consecuencia do conflito político. Dito isto, queremos aplaudir o compromiso claro de Ernai para seguir traballando neste aspecto.

 Parécenos inaceptábel que nun Estado supostamente “democrático” non se respecte a liberdade de expresión e polo tanto, quen firmamos este texto esiximos:

  • Que se volva poñer en marcha a páxina web de Ernai

  • Que cese a persecución contra todas as mozas revolucionarias vascas

  • Que se respecten todos os dereitos civís e políticos de Euskal Herria

 NON Á REPRESIÓN!

A MOCIDADE SEGUE ADIANTE!

#Ernaiaurrera

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario