Contra o patriarcado, contra o capitalismo!
Loitamos por derrubar un sistema que ampara as desigualdades entre persoas, porque a cuestión de xénero ten unha ligazón estreita coa de clase. Acabar coas violencias que sufrimos a todos os niveis tamén pasa pola construción dun novo mundo, libre de opresións. Lembrar e reivindicar a orixe do 8 de marzo significa comprender as demandas do feminismo e da clase traballadora. O contido político e ideolóxico co que nace esta data e que nos atravesa como mulleres obreiras non pode caer no esquecemento.
Feminismo de clase, loita anticapitalista.