[Redondela] Por que feminismo?

feminismoRedondelaAs militantes de Isca! acreditamos na formación como unha das ferramentas precisas para loitarmos contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así transformar a realidade que nos tocou vivir. Pensamos que aprender sempre é a mellor maneira de avanzarmos, construindo alternativas aos poderes que nos queren ignorantes e submisas.

Desta volta organizamos un acto público de debate feminista o vindeiro sábado día 28 de Novembro a partir das 19:30 horas no Bar Disco Tasca (Rúa Pai Crespo, 17. Redondela) coa presenza da activista feminista Ximena González no que abordaremos os por ques da necesidade do feminismo. Sen pretender conclusións inmutabeis, queremos abrir un espazo para a reflexión de cara a como articular as nosas accións tácticas e a nosa loita estratéxica como feministas e revolucionarias.

O feminismo ensínanos permanentemente a necesidade de aprender unhas das outras, de escoitar para analisar, cuestionar e transformar aquilo que nos somete. Por iso, convidámosvos a compartir este acto de reflexión e debate, para continuar, máis fortes, a nosa loita feminista e antipatriarcal.

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario