Reforzar a clase traballadora galega para sairmos da crise

Hoxe celébrase, como cada 10 de Marzo, o Dia da Clase obreira galega. De Isca! queremos sumarnos a esta data participando, coa Confederación Intersindical Galega, na defensa do emprego, dos salarios e das pensións.

Sendo organización de mozas e mozos, non podemos mias que constatar como se cumpren moitas das denuncias que temos feito respeito a unha relación fatal entre a mocidade empregada: precariedade, temporalidade e baixos salarios combínanse para facer da xuventude un dos sectores sociais mais golpeados nesta crise. En só 2 anos, de 2007 a 2009, o paro xuvenil (18 ao 30 anos) chegou a duplicarse, pasando de 31.000 a 62.000 mozos e mozas en paro, con unha taxa oficial de desemprego do 10,5% ao 23%, xa que tamén baixou o número de mocidade ocupada. A diferenza cos datos xerais é significativa: no mesmo periodo o total galego pasou de 8,4% a 12,2%.
Porén, sendo a mocidade extremamente vulnerábel, sabemos que tamén a nós nos afectarán todas as medidas que se queren implantar para que sexamos os traballadores os que paguemos a crise.

Hoxe, unha vez pasado o pánico inicial entre as clases dominantes, o capital pasa á ofensiva descarada. Se antes para xustificar o saqueo de fundos públicos e a socialización das perdas a patronal española pedía mesmo unha “paréntese na economía de libre mercado”, hoxe as directrices son xa o ataque directo á clase traballadora e os nosos direitos para pagarmos nós a crise creada por eles, iso si, baixo a roupaxe de que “desta só saimos entre todos” e os “sacrificios compartidos”, ainda que os beneficios das 35 maiores empresas cotizantes do IBEX-35 fose en 2009 de 42.000 millons de euros: Banco Santander, Telefónica, Acciona, Gas Natural, ACS… ganaron ainda máis que en 2008.

Así temos que entender as propostas do goberno español do PSOE, sempre obediente aos ditados dos seus socios do capital e da UE: moderación salarial nun vergoñento pacto asinado por UGT, CC.OO. e a patronal, incumprimento do aumento do salario mínimo, aumento obrigatorio da idade de xubilación e amagos de incremento da idade do cálculo; propostas de contratos con menor protección, contención do gasto público, etc. O PP, no goberno en Galiza, segue na mais absoluta parálise, e Galiza xa destrue emprego a maior ritmo que o Estado. Ademais, as receitas desexadas para esta crise son as mesmas que as que aplica o PSOE, aplicadas mais rapida e profundamente.

Temos que sair da crise, mais non nesa dirección. Precisamos actuacións na liña defendida no documento “Políticas para saír da crise” da CIG: aumento do gasto público: reforzamento dos servizos sociais de dependencia, sanidade e educación públicas, financiados a cargo dun IRPF maior para os mais ricos, impostos sobre grandes fortunas, gravame das SICAV, luita contra a fraude fiscal… Ademais manter e mellorar as pensións (as mais baixas do Estado) e a protección por desemprego, actuar con rigor en propostas de ERE´s, respeitar a causalidade na contratación temporal…

Son muitas as medidas para aproveitar a crise para reforzar a clase traballadora galega, e para mostrar unha saída: unha alternativa cara o socialismo. Temos que traballar para reforzar organica e ideoloxicamente a clase obreira galega, as organizacións dos traballadores galegos como a CIG e traballar nunha alternativa política cara a soberanía e o socialismo. De Isca! apostaremos con todas as nosas forzas nesa vía, porque a mellor homenaxe a Amador e Daniel será a vitoria!

 Descarga: Rebater 10 de marzo

Mobilizacións convocadas pola CIG:

  • A Coruña: Ás 20:00 horas da Praza da Palloza
  • Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa
  • Lugo: Ás 20:00 horas da Ronda da Muralla (local CIG)
  • Ferrol: Ás 20:00 horas da Avda de Esteiro (local CIG)
  • Ourense: Ás 20:00 horas, do Pavillón dos Remedios
  • Pontevedra: Ás 20:30 horas da Praza da Ferrería
  • Vigo: Saída ás 20:00 h da Vía Norte

cartaz10m-p.jpg

 

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario