[SETEMBRO DE LOITAS – COMPOSTELA]

Este mes temos varias actividades programadas en Compostela para comezar o curso do mellor xeito: formándonos e procurando adquirir as ferramentas para comprender a nosa realidade e así poder mudala, entre todas e organizadas 🔥

➡️ QUINTA FEIRA (XOVES) 12 ÁS 19:00 DESDE A PRAZA DO OBRADOIRO ⬅️

Para a primeira semana de curso temos axendado un roteiro pola cidade para coñecermos a outra historia de Compostela, a dos espazos que albergaron actividade política noutros tempos, sobre todo do período de resistencia contra o franquismo. Para iso contamos con dous investigadores de Histora da USC, Rafael Garcia e Xabier Buxeiro, con quen debullaremos os aspectos máis interesantes da historia política recente da cidade. Porque, onte coma hoxe, seguimos no camiño pola liberación social e nacional do noso pobo!

➡️ QUINTA FEIRA (XOVES) 19 ÁS 20:00 NA FACULTADE DE HISTORIA ⬅️

Somos moitas as que temos que compaxinar estudos con traballo ou que nos iniciamos recentemente no mundo laboral. Os empregos aos que temos acceso acostuman ser moi precarios e en empresas que obstaculizan a reunión de traballadoras para loitaren polos seus dereitos. Para termos coñecemento sobre as cuestións máis básicas dun contrato laboral mais tamén para reflexionar sobre o tipo de traballos que este sistema reserva para nós, contaremos con Pepe Maio, delegado da CIG, e con Nazaré Estévez, compañeira de Isca! Porque debemos ser conscientes dos nosos dereitos e protexelos, polas que viñeron, por nós e polas que virán.

➡️ SEGUNDA FEIRA (LUNS) 23 ÁS 17:00 NA GENTALHA DO PICHEL ⬅️

Para pechar este ciclo, temos organizada unha tarde de formación arredor da figura do comunista italiano Antonio Gramsci. Centrarémonos nos aspectos máis de actualidade da súa teoría, como a hexemonía, a loita de clases en Occidente ou a necesidade dunha análise nacional na loita da clase traballadora. Para ler os textos que trataremos, podes entrar na nosa páxina web:

👉 www.iscagz.org 👈

Axúdasnos a difundir?

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario