Trasladamos o noso pesar á UJC de Cuba polo pasamento de Fidel Castro

colante_cuba_isca_mgsÁ Unión de Jóvenes Comunistas de Cuba.
Ao consulado xeral de Cuba na Galiza.

Estimados camaradas, estimadas camaradas:

Desde Isca!, organización xuvenil do Movemento Galego ao Socialismo, querémosvos facer chegar o noso máis profundo pesar polo pasamento do Comandante en Xefe Fidel Castro, personificación da vontade do pobo cubano e recoñecido refente para todos os pobos en loita.

A República de Cuba non só constitúe un referente moral sumamente incómodo para o imperialismo. É un referente material incuestionábel que demostrou que o socialismo é posíbel mesmo nas condicións máis adversas. Para os que loitamos por unha patria soberana e pola construción do socialismo e o comunismo, para as que nos opoñemos aos crimes do imperialismo e dicimos que a humanidade non ten futuro baixo o dominio dos monopolios rendiremos a nosa particular homenaxe, que é continuar coa solidariedade internacionalista, apoiando a Cuba e apoiándonos no voso exemplo. Organizándonos contra o capital e inspirándonos nos vosos valores: o heroísmo dunha nación obstinada en vivir libre e soberanamente fóra do capitalismo.

Só vencen os pobos que loitan!

Viva Fidel e viva Cuba Socialista!

Patria ou morte!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario