Os tres militantes da nosa organización xulgados por presuntamente arrincaren as plantas do adorno floral que formaba un topónimo deturpado na entrada da cidade da Coruña foron finalmente condenados a pagaren unha multa de 120€ cada un/ha e unha indemnización ao Concello de 200€.
Esta condena, ainda sendo inaceptábel, é moi inferior á petición inicial da fiscalía, que elevaba a petición de multa e indemnización a a preto de 5000€ cada unha, ademais de solicitar un ano e medio de cadea para cada un dos catro procesados. Chama a atención tamén que a sentenza fose publicada na prensa antes de que os propios acusados a coñecesen.
Os nosos militantes negarons os feitos dos que eran acusados durante o xuizo, pero amosaron o seu apoio á reivindicación do topónimo lexítimo frente a teimosía españolista do ex-alcalde Francisco Vázquez, que a pesar de infrinxir reiteradamente as leis e de malgastar decenas de miles de euros públicos en defender o uso de “La Coruña”, nunca tivo que sentarse no banco dos acusados.
No xuizo ficou demostrado que o prezo das plantas era moi inferior ao tasado polos peritos do propio concello, que inflaron conscientemente o prezo da reparación para aumentar a acusación contra @s catro moz@s. Deste xeito, ao valorarse finalmente en menos de 400€ os danos, estes terán consideración de falta e non de delito.
A sentenza será recorrida, polo que o proceso ainda non rematou. Desde Isca!, agradecemos a solidariedade de todas as persoas e organizacións que amosaron o seu apoio ás persoas procesadas, e que contribuiron a visibilizar este xuizo político e a causa en defensa de nosa lingua e da toponimia lexítima, que por suposto seguiremos a defender.