[Vigo] Xornadas de formación feminista

Unha das mellores ferramentas que temos para loitar contra o sistema de vida e de relacións que nos impón o capitalismo e o patriarcado é a formación constante, mellorando a nosa capacidade de acción política e militante para así ser quen de transformar a realidade que nos tocou vivir. Escoitar, aprender unhas das outras, analizar e cuetionar todo o que nos somete; iso tamén nolo ensina o feminismo.

Convidámosvos a partillar connosco esta nova xornada de formación, debate e reflexión para continuar, máis fortes, na loita diaria feminista e antipatriarcal. Terán lugar o vindeiro 15 de novembro no Local Social Faísca (rúa Toledo nº9 – Calvario, Vigo) a partir das 12:00 horas da mañá co seguinte programa:

* 12:00h. Orixes do Patriarcado:
Representante de Mulheres Nacionalistas Galegas

* 13:00h. Feminismo e clase:
Representante de Isca!

* 16:00h. O papel da muller no sindicalismo:
Pilar Rodríguez, militante da CIG.

* 17:00h. Mulleres e territorio:
Representante da Marcha Mundial das Mulleres.

* 18:00h. O feminismo nas organizacións políticas:
Ximena González, activista feminista

Participa e espalla!

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario