Xornadas contra a violencia machista en Ourense

Co lema “Feminismo é revolución!”, a Asemblea Comarcal de Galiza Nova en Ourense organiza unha xornadas coincidindo co Día Internacional contra a Violencia Machista. As actividades que a organización xuvenil nacionalista levará a cabo súmanse ás que a Marcha Mundial das Mulleres organiza na cidade na cidade, que podes consultar aquí.

Así, o venres 25 instalarase unha carpa no Paseo de 18:00 a 20:00h na que se distribuirá información e desenvolveranse actividades de denuncia da violencia machista.

O sábado 26, ás 11:00h na Sociedade Cultural Albor terá lugar unha charla co lema “Combater a violencia estrutural”, na que intervirán Ximena González (Marcha Mundial das Mulleres), Marta Arribas (BNG), Isabel Vilalba (Sindicato Labrego Galego) e Olalla Conde (Galiza Nova).

Ás 13h terá lugar no mesmo lugar a proxección do documental Fake Orgasm. (81min. Director: Jo Sol – Protagonista: Lazlo Pearlman),  sobre a construción permanente das identidades e o debate sexo-xénero. A seguir haberá un coloquio co título: “Toda identidade produce violencia”.

A seguir haberá un xantar popular, onde cada quen traerá comida para compartir e para repartir entre @s convidad@s.

jornadas-violencia-machista.png

Partíllao!

Share on facebook
En Facebook
Share on twitter
En Twitter
Share on pinterest
En Pinterest
Share on whatsapp
Polo WhatsApp
Share on telegram
Ou polo Telegram
Share on email
Email

Deixa un comentario