1º de maio, á rúa coa CIG. A crise que a pague o capital!

O primeiro de maio é unha data histórica de loita para a nosa clase. Por iso, desde o noso nacemento como organización, sempre estivemos na rúa nesta data reivindicando xunto coa CIG o direito a um emprego digno e a necesidade de superarmos o capitalismo, un sistema socio-económico construido ao servizo das clases dominantes. Nun contexto como este é especialmente importante sair á rúa, para impedir que a patronal e os gobernos ao seu servizo consigan o seu obxectivo de facer pagar aos traballadores e traballadores unha crise que lles fai reducir os seus beneficios.

A CIG editou este video de cara ao primeiro de maio para chamar a participar na súas mobilizacións e difundir as súas alternativas frente á crise económica:

Manifestacións

Vigo, ás 12:00 h. con saída do Cruce da Doblada.

Coruña, ás 12:00 h. con saída da Praza de Vigo

Santiago, ás 12:30 h. con saída da Praza Roxa

Pontevedra, ás 12:30 h. con saída da Praza da Ferrería

Ferrol, ás 12:00 h. con saída da Avda. de Esteiro

Lugo, ás 12:30 h. con saída da Ronda da Muralla

Ourense, ás 12:00 h. con saída do Pavillón dos remedios

Ribadeo, ás 12:30 horas, con saída do Edificio Sindical

Partíllao!

En Facebook
En Twitter
En Pinterest
Polo WhatsApp
Ou polo Telegram
Email

Deixa un comentario